Alumnos da 14ª promoción de Policía Local que se forman na AGASP reforzarán a seguridade do concello de Porto do Son este verán durante as súas prácticas

13 Xullo 2022

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe aos tres alumnos da 14ª promoción de Policía Local que están a realizar este verán a parte da práctica da súa formación no concello de Porto do Son durante este verán. No mes de outubro, os 117 alumnos desta promoción volverán ás aulas para rematar a parte teórica antes de que poidan incorporarse aos seus municipios. En concreto, cubriranse prazas nunha trintena de concellos, entre eles Porto do Son, que contará con tres novos axentes.

Ademais do concello de Porto do Son, a actual promoción contribuirá a reforzar o cadro de persoal da Policía Local dos municipios da Coruña, Betanzos, Fene, Ferrol, Narón, Ordes, Ortigueira , Ribeira, Santiago de Compostela e Valdoviño, na provincia coruñesa. Na de Lugo, cubrirán prazas Foz, Lugo e Viveiro, e na de Ourense, A Pobra de Trives, O Carballiño e O Barco de Valdeorras. Pola súa banda, en Pontevedra, os destinos son Bueu, Nigrán, O Grove, O Rosal, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Tomiño, Tui e Vilagarcía de Arousa. 

A estas 70 prazas do corpo de Policía Local convocadas por 29 concellos galegos no marco do convenio entre a Xunta e Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para levar a cabo os procesos selectivos de maneira unificada, súmanse outros 47 alumnos da promoción que se forman tamén na AGASP e corresponden ás oposicións convocadas polos municipios de Lalín, Oleiros, Boiro e Vigo.

Santiago Villanueva lembrou que a AGASP continúa nestes meses de verán a titorizar ao alumnado durante as súas prácticas prestando o apoio que precisen tanto os futuros policías locais que aínda non adquiriron a condición de axentes de autoridade como os concellos.

Con estas prácticas -destacou- o alumnado desenvolverá o seu traballo profesional de xeito que lles permita poñer en práctica os coñecementos do curso teórico que desenvolveron estes meses na AGASP e que rematarán cando se incorporen ás aulas en outubro. Poderán participar en todas actividades que leva a cabo o persoal funcionario do corpo da Policía local do concello, sempre coa supervisión do xefe de Policía Local ou os profesionais nos que se delegue esta tarefa.

O director xeral de Emerxencias e Interior lembrou tamén que a AGASP é o centro de referencia na formación das forzas e corpos de seguridade en Galicia, xa que ademais de preparar as novas promocións de Policía Local ofrece accións formativas con contidos actualizados e adaptados á realidade do seu traballo diario e dos servizos de emerxencias que garanten a seguridade da poboación galega.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.