A Xunta inicia as obras dunha nova senda peonil na estrada AC-305 en Burés en Rianxo

18 Xullo 2022

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezou hoxe as obras dunha nova senda peonil na estrada autonómica AC-305, en Burés, no concello de Rianxo.

Os traballos, que contan cun investimento autonómico de preto de 50.000 euros, céntranse na execución dun itinerario pola marxe esquerda da estrada AC-305, de 100 metros de lonxitude, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 10+180 e 10+280.

Con esta actuación a Xunta atende unha demanda veciñal, dando acceso a unha parada de autobús nesa marxe da estrada, onde tamén se prevé a disposición dun refuxio para os usuarios do transporte público.

Os traballos en execución inclúen a limpeza e a escavación na marxe esquerda da estrada, no treito de actuación, así como a colocación dun colector de PVC de diámetro 400 mm, para a canalización das augas pluviais.

Tamén se acometerá o recheo con material seleccionado e o estendido de pavimento de 15 centímetros formigón, completándose co reforzo de firme, mediante o estendido dunha capa de mestura bituminosa en quente.

Este itinerario complementa a senda que se desenvolverá pola marxe dereita da AC-305 e que conectará A Casilla, O Araño e Burés. Estas obras suporán un investimento autonómico de máis de 500.000 € e iniciaranse no mes de agosto. Esta intervención de mellora da seguridade viaria contará con financiamento dos fondos React UE da Unión Europea.

A Xunta segue a impulsar a construción de novas sendas co obxectivo de dotar os veciños de itinerarios que lle permitan facer os seus desprazamentos cotiás de xeito máis cómodo, seguro, sustentable e saudable.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...