A Xunta destaca o labor da confraría de pescadores de Lira na posta en valor dos produtos do mar capturados pola frota artesanal

23 Xullo 2022

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asistiu á Festa de degustación dos produtos da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos, na que se degusta e mostra a calidade dos produtos do mar certificados coa marca de calidade pescadeRías, de onde se non? como o polbo, os percebes, os berberechos, as navallas e o mexillón. Deste xeito, difúndese o que supón este distintivo da Xunta de Galicia, que certifica que os peixes e mariscos foron capturados como máximo 24 horas antes da primeira venda e con artes de pesca moi selectivas, o que contribúe a impulsar a súa demanda.

De feito, o ano pasado os produtos do mar amparados por este selo aumentaron en 2021 case un 30% en relación co ano anterior, ata roldar as 14.400 toneladas, cifras semellantes ás rexistradas antes da pandemia. Esta cita, que ademais de hoxe tamén se celebrará o 6 de agosto, está organizada pola confraría de pescadores de Lira (Carnota) e conta coa colaboración da Consellería do Mar.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...