A regata Rías Baixas Xacobeo 2022 vía para afianzar a Galicia “no foco mundial da náutica e o turismo”

12 Xullo 2022

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o presidente do Real Club Náutico de Vigo, José Antonio Portela, presentaron este martes o acordo pechado entre as dúas institucións para a celebración da Regata Rías Baixas Xacobeo 2022.

“A numerosa frota promoverá o Ano Santo e difundirá os seus valores para fomentar o intercambio cultural entre a sociedade local, os peregrinos e os visitantes”, sinalou a representante autonómico durante o acto levado a cabo na sé da entidade deportiva viguesa.

A regata, proba náutica por etapas máis importante de España, celebrarase entre os vindeiros 10 e 14 de agosto, con saída desde Vigo e paso polos portos de Combaro e A Pobra do Caramiñal para retornar de novo á cidade olívica.

Fernández-Tapias destacou que a Xunta de Galicia apoiamos o proxecto da Regata Rías Baixas Xacobeo para “conseguir o ambicioso obxectivo de afianzar o liderado de Galicia como foco de atención mundial da vela, poñendo en valor ao mesmo tempo a excelencia da nosa costa”.

A delegada territorial tamén lembrou que o Xacobeo 21-22 tamén dá cobertura a outras probas náuticas, como as rutas Iacobus Maris e Cabaleiro das Cunchas, co obxectivo de difundir os valores do Ano Santo.

“Ao longo e ancho das rías de Vigo, Pontevedra e Arousa, a frota promoverá o Ano Santo e difundirá os seus valores para fomentar o intercambio cultural entre a sociedade local, os peregrinos e os visitante”, sinalou. 

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este martes na presentación do acordo co Real Club Náutico de Vigo para a celebración da emblemática proba

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.