A Real Filharmonía de Galicia interpretará obras de Mozart e Beethoven este 22 de xullo no Pazo de Goiáns

14 Xullo 2022

O Pazo de Goiáns acollerá o vindeiro venres 22 de xullo un concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida polo boirense Diego García Rodríguez. Será ás 21.00 horas e con capacidade para 400 persoas. A reserva de entradas estará dispoñíbel a partir do vindeiro luns 18. O repertorio da Real Filharmonía no recentemente restaurado pazo boirense, unha das xoias arquitectónicas da nosa comarca, estará formado pola Abertura de Don Giovanni, KV. 527, de Wolfgang Amadeus Mozar, e pola Sinfonía nº7 en La M, op. 92, de Ludwing Van Beethoven.

O concerto foi presentado este xoves 14 de xullo pola concelleira de Cultura, María Outeiral, e o promotor da actividade, Suso Santamaría.

“Estamos moi contentos de poder acoller este concerto porque a Real Filharmonía de Galicia non acostuma facer actuacións fora e vai tocar nun espazo incomparábel, o Pazo de Goiáns”, afirmou a concelleira. A orquestra estará dirixida por Diego García Rodríguez, director boirense.

“Van actuar sen ningunha amplificación de son e a acústica será a propia do espazo, polo que o aforo será reducido”, afirmou Suso Santamaría.

A capacidade que se estima é para 400 persoas, o espectáculo é gratuíto e a reserva de entradas poderase facer a partir do luns. En caso de choiva o espectáculo trasladarase ao interior do pazo, polo que se reducirá o número de entradas ás primeiras reservas efectuadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...