A rapazada de Boiro marca o inicio das Festas do Verán

01 Xullo 2022

Os nenos e nenas dos seis centros de ensino de infantil e primaria do municipio foron os encargados este venres de dar o inicio ás Festas do Verán No acto, conducido polo monologuista Brais Doval, participaron o alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Cultura e Educación, María Outeiral.
Un total de 14 nenos e nenas foron os encargados de facer a lectura do pregón que versou sobre o que para eles significan as festas de Boiro. Despois de dous anos de restricións, as Festas do Verán 2022 recuperan o seu esplendor cun programa repleto de actividades para todos os públicos e que poñen o foco nos nenos e nenas. “Quixemos que eles foran os pregoeiros porque neste tempo de pandemia déronnos un exemplo de responsabilidade e merecen ser os grandes protagonistas das nosas festas”, afirmou a concelleira María Outeiral durante a súa intervención.
Ana Stasenko do CEIP Praia Xardín; Noa Vidal, Aitor Gómez, Rubén Martínez do CEIP Santa Baia; Alonso Cardama do CEIP Escarabote; Lara García Saborido e Gabriel Suárez do CEIP Santa María do Castro; Ainara Maneiro, Diego Lijó e Daniela López de CEIP Cespón; Sarai González e Sara Tubío do CEIP Abanqueiro; Antía Viturro e Martina do CEIP Pazos- Comoxo.

Na súa intervención falaron dos seus recordos das festas do verán, de xuntarse cos amigos e a familia e que este ano, ademais do inicio do verán marcan tamén “a volta á tan ansiada normalidade”.
O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, foi o encargado de pechar o acto e na súa intervención agradeceu o traballo realizado polo departamento de Cultura para sacar adiante estas festas “que están pensadas para que todos e todas disfrutemos delas” e tamén pediu responsabilidade nestes días que son
“para disfrutar, reencontrarse coa familia e cos amigos”.

O programa de actividades continúa este sábado coa alborada a cargo dos Caraveiros a partir das 10.00 horas; ás 11.00 hors festa tradicional no parque da Cachada con Os Monifates, Xilbarbeira, Abeloura, Aroña, Baile de Abanqueiro e o grupo de gaitas Os Salgueiriños. Ás 13.00 horas xantar popular
coa festa da orella da Boliña e pola tarde na Praza de Galicia orquestra Metrópolis e Café Quijano e na praza da Terceira Idade Terbutalina.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...