A Pobra lanza un torneo de baloncesto 3×3 con CONGALSA como principal patrocinadora

27 Xullo 2022

A Pobra acolleu este mércores 27 de xullo a presentación do primeiro torneo 3×3 do Basket Pobra Asambal, que se se disputará a mediados de agosto nas pistas deportivas do Castelo, contando para tal ocasión coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal e a cadea de supermercados GADIS, ademais da empresa CONGALSA como principal patrocinadora do equipo sénior.

Segundo manifestan a concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo (Nós Pobra), e o presidente da referida entidade deportiva, Francisco Martís, con este evento “impúlsase a práctica do baloncesto, o cal redunda nunha maior visibilidade desta disciplina para contribuír á súa consolidación na localidade”. A edil remarcou o apoio da Administración local a este proxecto que agarda “se erixa coma un axente dinamizador máis da vida deportiva do municipio”.

A cita arrancará ás 10.00 horas do vindeiro 20 de agosto coa competición mini que abranguerá as categorías menores, con canastras acordes á súa idade. Tódolos equipos estarán nun único grupo e os dous mellores enfrontaranse nunha final. Deseguido, será a quenda da competición superior coas modalidades júnior e sénior. Estableceranse varios grupos de tres ou catro equipos que xogarán unha primeira fase clasificatoria para, logo, verse as caras na eliminatoria que os levará á final. A primeira rolda irá en horario de 12.00 a 14.00 horas; mentres que a segunda será de 16.00 a 20.00 horas.

Os premios consistirán en trofeos para os gañadores de ámbolos dous formatos de competición, ademais do reparto dun total de 300 euros na categoría de maiores de 16 anos: 200 euros para o primeiro clasificado e 100 euros para o segundo. Farase tamén entrega de camisetas conmemorativas entre tódalas persoas participantes.

A data límite para anotarse estipúlase no día 17, ás 20.00 horas, a través do enderezo electrónico asambalcab@yahoo.es. O importe de inscrición ascende aos 20 euros por equipo para a competición superior e resulta de balde para os participantes na mini.

O torneo estará aberto ao público que desexe achegarse e disporase dun posto informativo. En caso de mal tempo, trasladarase ao Pavillón da Tomada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.