A partir do día 8 de xullo Rianxo volve converterse na capital mundial da zanfona

01 Xullo 2022

Este mes de xullo vaise celebrar en Rianxo un dos grandes eventos culturais da tempada no norte peninsular: o XVII Encontro Internacional Zona da Zanfona, a nova edición do festival impulsado dende aCentral Folque e o Concello co obxectivo de reivindicar este histórico instrumento e de achegar un punto de encontro (único no territorio peninsular polas súas características), arredor de mesmo. A cita, pola que teñen pasado os nomes máis sobranceiros da escena europea relacionada coa zanfona nas últimas décadas, desenvolverase os días 8, 9, 10 de xullo 2022.

Segundo explican dende a organización, Zona da Zanfona é o festival “da manivela musical, da revolución silenciosa e mecánica do arco infinito”. Esta edición terá unha programación especial con algunha novidade mantendo, iso si, o espírito que combina as actividade para o público xeral e a atención ao especializado de outros lugares que se acheguen até a ría de Arousa. Haberá concertos, cursos e un convivio arredor da zanfona.

Concertos

-Venres 8 xullo. Auditorio. 21.00h

Coro Cántigas da Terra (Coruña) co espectáculo Arredor da roda. Cos convidados Iván Abal, Gutier Álvarez, Luís “O Caruncho”, Miro Casabella e Óscar Fernández

-Sábado 9 xullo. Praza Rafael Dieste. 22.00

Pedro Viana & João Martins (Porto) e Francesco Giusta (Torino)

-Domingo 10 xullo

Palco Aberto ZdZ. Xuntanza de escolas de zanfona de Galiza. Praza Rafael Dieste. 12.00h

Lotaría ZdZ. Sorteo dunha zanfona. Praza Rafael Dieste. 13.00h

Estrea de Arredor da roda. De Cántigas da Terra a Miro Casabella. Filme documental. Auditorio. 19.30 h

Cursos ZdZ, no Auditorio de Rianxo

Iniciación. Óscar Fernández (Galiza) Venres 8. de 16 a 20h (empréstanse instrumentos)

Intermedio. Gorka Bravo (Euskadi) Venres 8. de 16 a 20h

Avanzado. Francesco Giusta (Piemonte) Sábado 9. de 10-19h

Construción. Suso Gestal e Ariel Ninas (Galiza) Sábado 2 e domingo 3. de 10-20h

Baile. Mercedes Prieto (Galiza). Sábado 9. de 16 a 20h

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Muros acolle o martes 22 unha xornada sobre accesibilidade cultural

O Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá o vindeiro martes 22 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, a xornada Cultura para todas, unha iniciativa promovida pola área de Cultura da Deputación da Coruña no marco do programa A Cultura é un Dereito. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.