A Asociación A Carballeira da Baña inaugura as Festas do Araño o día 5 de agosto

18 Xullo 2022

A Asociación Cultural A Carballeira da Baña organiza as Festas do Araño do 5 ao 7 de agosto. Comezarán o venres 5 cunha sesión vermú a cargo dos Gaiteiros de Buxaina e logo pola noite haberá verbena, a partir das 22.30 horas, co Dúo Carpe Diem e a Orquestra Capitol.

Ao día seguinte prosegue a troula ao mediodía coa Banda de Gaitas Buxaina. Pola tarde haberá partido no Pouso, no que se enfrontan o Araño e o Buía, ás 18.00 horas, e pola noite volve a verbena co Dúo Charada e a Orquesta Furia Joven de Canarias, ás 22.30 horas. O domingo comeza cunha ruada da Banda de Gaitas Buxaina e cunha nova sesión vermú, desta volta a cargo da Banda da Escola de Música de Rianxo. Pola tarde, a partir das 18.00 horas, haberá inchábeis para os máis pequenos, e pola noite verbena (IV Sons da Carballeira, a partir das 21.30 no Campo da Carballeira) con Faíscas de Pontraga e A Requinta da Laxeira.

Outros artigos

Adiado en Rianxo até o 17 de maio o acto de homenaxe a Rosalía

A Área de Cultura do Concello de Rianxo confirmou hoxe que por mor das condicións climáticas adversas previstas para este venres 23 de febreiro, o acto en lembranza de Rosalía de Castro que estaba previsto para a dita xornada na praza de Padrón (no paseo da Ribeira a...

+

O sábado comeza a XVII edición do Encontro Arqueolóxico do Barbanza

A Casa da Cultura de Boiro acolle esta fin de semana, o sábado 24 e o domingo 25 de febreiro, a dezasete edición do Encontro Arqueolóxico do Barbanza, organizado polo Centro Arqueolóxico do Barbanza (Boiro). Este evento, que comezou a súa andaina no ano 2007, ten como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

Eles tamén ganaron, aínda que desta vez, como noutras ocasións, houbo perdedoresagochados detrás do parapeto da verborrea ou dese inmenso muro de silencio. Taménhoubo quen, con tristura e desacougo, admitiu a derrota e parece que está en disposiciónde intentalo...