A ABE dá a coñecer as persoas premiadas na primeira Quincena Fantástica

18 Xullo 2022

A Asociación Boirense de Empresarios compartiu os nomes dos primeiros gañadores da campaña Quincenas Fantásticas, cuxo primeiro sorteo realizouse na mañá deste 18 de xullo entre os 621 tíckets rexistrados en www.abe.gal (100 tíckets máis ca na primeira quincena do ano pasado). Ao remate do seguinte período de dúas semanas realizarase o seguinte sorteo (dun total de tres pendentes).

Estas son as persoas agraciadas nesta primeira quenda: Eva Núñez (tícket de Drolim, 250 euros); Elena Outeiral (tícket de Librería El Cisne, 150 euros), Justo Laíño (tícket de Cosmos, 100 euros) e Encarna (tícket de Mercadrutas, premiada con unha bicicleta eléctrica).

A campaña denominada Quincenas Fantásticas segue en marcha até o 31 de agosto. Está pendente sortear sortear 500 € e 1 bici ao remate de cada unha das 3 quincenas do verán (1 premio de 250, 1 premio de 150 e 1 premio de 100 euros + a bici)

Para participar os clientes deben realizar unha compra nun establecemento asociado a ABE, facer unha foto do tícket ou factura e rexistrala en www.abe.gal.

A campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia

Outros artigos

O sábado comeza a XVII edición do Encontro Arqueolóxico do Barbanza

A Casa da Cultura de Boiro acolle esta fin de semana, o sábado 24 e o domingo 25 de febreiro, a dezasete edición do Encontro Arqueolóxico do Barbanza, organizado polo Centro Arqueolóxico do Barbanza (Boiro). Este evento, que comezou a súa andaina no ano 2007, ten como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...