55 mortos por Covid-19 en cinco días; a este ritmo, morrerán 1.500 galegos ao longo do ano. Ribeira á cabeza de positivos na comarca con Boiro e Rianxo en suba

09 Xullo 2022

Galicia computou 55 decesos por coronavirus nos últimos cinco días o que eleva a cifra a unha media diaria a 4 decesos. Así as cousas, nun ano, poderiamos estar a falar de 1.500 mortes por Covid só na comunidade galega. O número de óbitos comezan a repuntar.


Mentres Ribeira lidera os repuntes de casos de covid na comarca, con Boiro e Rianxo á alza. A suba de casos de covid mantense, aínda que parece que no norte da comarca remite o ritmo de contaxios. No informe facilitado polo Sergas este sábado destacou o repunte de infeccións en Ribeira, que engadiu con respecto á xornada anterior 16 novos.
Tamén seguen sumando contaxios Rianxo e Boiro. O municipio rianxeiro rexistra xa 74, dos cales 53 saíron á luz desde o 2 de xullo. Na localidade boirense segue incrementando tanto en incidencia acumulada (IA) a sete días como a 14. Esta última achégase aos seiscentos casos por cen mil habitantes. O outro concello que volveu a repuntar, aínda que lixeiramente, foi Noia.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 17.615 deles 3.549 son da área da Coruña, 2.534 da de Lugo, 2.525 da de Ourense, 1.826 da de Pontevedra, 2.647 da área de Vigo, 3.081 da de Santiago e 1.426 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 30 están en UCI, 825 en unidades de hospitalización e 16.760 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 637.573 persoas curadas, rexistrándose 3.663 falecementos. 

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:

Día 22 de xuño:

Muller de 94 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Día 3 de xullo:

Home de 84 anos, na área sanitaria de Santiago e Barbanza.

Día 6 de xullo:

Home de 83  anos, na área sanitaria de Vigo.

Muller de 85 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Home de 94 anos, na área sanitaria de Vigo.

Día 7 de xullo:

Home de 78 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Home de 77 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Muller de 70 anos, na área sanitaria de Vigo.

Home de 85 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 3.944.268.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.701.194.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.