Toma de contacto de escolares do Divino Maestro de Santiago co marisqueo na Pobra

20 Xuño 2022

Un total de 45 escolares da infantil do Divino Maestro de Santiago de Compostela participaron neste
20 de xuño nos obradoiros de marisqueo promovidos pola Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), coa colaboración da Asociación Mar da Pobra.
Tralo seu paso polo Auditorio do Museo Valle-Inclán para recibiren unha explicación da actividade por parte dunha das técnicas do Turismo do Concello, con proxección de vídeo incluída, achegáronse ata a praia dos Areos. Alí, foron as propias mariscadoras quen lles ofreceron unha charla didáctica para aprender a diferencia-los bivalvos, como se extraen e a importancia de preserva-la riqueza da nosa costa.
A Administración local puxo ao seu dispor distintos recursos como unha cadeira anfibia para uso por parte dunha das alumnas, rampla de acceso para este utensilio e receitario con elaboracións feitas en
establecementos hostaleiros da localidade.
A finalidade destas visitas-experiencia dirixidas a centros educativos de toda Galicia radica en achegarlles ás xeracións máis novas o oficio das mariscadoras e fomenta-lo respecto polo mar, polo traballo neste eido e polo medio natural, ao tempo que se contribúe con esta acción á desestacionalización da demanda turística.

Outros artigos

Comezaron en Ribeira as obras de mellora do parque Pedra Pateira

O Concello de Ribeira informou de que xa comezaron este mes de marzo as obras para poñer a punto o parque infantil de Pedra Pateira, no barrio de Bandourrío (Santa Uxía). A actuación contempla unha liña de pluviais para evitar a acumulación de auga superficial, novos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rodar e rodar”. Carlos Moledo

“Rodar e rodar”. Carlos Moledo

Recordarán los lectores que hace apenas quince días Galicia estaba inmersa en unacaloradísimo debate socio-político planteado por múltiples formaciones políticas, algunas yacasi extintas a día de hoy, al menos hasta dentro de cuatro años. Dichos partidos políticos,...