Ribeira publica as bases da Convocatoria para o outorgamento de bolsas a deportistas ano 2022

al e como sae anunciado no BOP de hoxe, o prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, contados a partir de mañá.

Bases específicas que rexen a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para a
concesión de subvencións para a promoción de actividades deportivas, que están suxeitas á
Ordenanza reguladora das subvencións a deportistas individuais do Concello de Ribeira , publicadas
no Boletín Oficial de A Coruña en data 27-06-2018.

1a.- O Concello de Ribeira convoca concurso para outorgar, en réxime de concorrencia competitiva,
e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia e igualdade, bolsas a deportistas
ribeirenses non profesionais, que pertenzan ou non a entidades deportivas do Concello, e que
destacaran na súa faceta competitiva durante o ano 2021, co obxectivo de apoiar e fomentar a
práctica e o rendemento deportivo.
2a.- Poderán solicitar bolsas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
 Ter nacido no Concello de Ribeira e/ou estar empadroado no Concello de Ribeira, cunha
antigüidade mínima de tres anos dende a data da publicación do extracto da convocatoria
no boletín oficial da provincia.
 Ter licenza federativa en vigor no momento de realizar a solicitude de beca, expedida pola
Federación Deportiva correspondente.
 Estar ao corrente das obrigas fiscais co Concello de Ribeira, así como das obrigas coa
Axencia Tributaria e a Seguridade Social.

3a.- Establécese unha liña de subvención:

  • Deportistas que destacaran na súa faceta competitiva no ano 2021, destinaranse
    9.000,00 €, cunha contía máxima de cada bolsa de 1.000,00 €.
    O crédito orzamentario existente para estas dúas liñas de subvención , será de 9.000 € euros. O
    gasto derivado destes programas resultan imputables á partida 341.48001 do orzamento municipal
    para o exercicio 2022.
    4a.- As solicitudes dirixiranse ao Ilmo. Sr. Alcalde, no modelo que figura como anexo, e
    presentaranse no Rexistro xeral do Concello durante un prazo de 15 días, que comezará a
    computarse a partir do seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Boletín Oficial da
    Provincia da Coruña.

Os posibles defectos na solicitude seranlles notificados aos interesados, e daráselles un prazo de 10
días para emendar erros ou omisións. Transcorrido o dito prazo, se non se producise a emenda
requirida, as peticións serán arquivadas sen máis trámites.
5a.- Xunto coa solicitude de subvención para calquera dos dous programas presentarase a seguinte
documentación:

o Fotocopia compulsada do Documento Nacional de Identidade.
o Currículo deportivo, expedido polo Clube ou Federación correspondente, referido
ao ano 2021, así como de anos anteriores cando se teña que valorar a
continuidade do deportista na alta competición.
o Certificado de empadroamento.
o Fotocopia compulsada da licenza federativa correspondente ao ano 2022, ou
certificado de ter licenza en vigor nesa tempada expedida pola federación deportiva
correspondente. CORUÑA
o Certificación bancaria orixinal da conta corrente na que desexen que se lles ingrese
o importe da achega, no caso de que se conceda.
o Declaración xurada de estar ao corrente coas obrigas fiscais co Concello de
Ribeira, cas facendas autonómica e estatal , así como Seguridade Social.
o Declaración de outras subvencións percibidas no seu caso.
6.- A instrución do procedemento corresponderalle á Concellaría de Deportes.
No seo desta constituirase unha comisión avaliadora, que procederá ao exame das solicitudes
presentadas, formulando proposta de concesión de achega despois da consideración dos seguintes
7.- CRITERIOS
PALMARÉS: Valórase unicamente o mellor resultado acadado ,na anualidade a valorar, polo
deportista atendendo ao seguinte baremo:
DEPORTES OLÍMPICOS DEPORTES NON OLÍMPICOS
Ámbito rexional (campionatos oficiais): Ámbito rexional (campionatos oficiais):
Clasificad@s 3o posto: 3 puntos Non se puntúan
Clasificad@s 2o posto: 4 puntos Non se puntúan
Clasificad@s 1o posto: 5 puntos Non se puntúan
Categoría nacional (campionatos oficias): Categoría nacional (campionatos oficias):
Clasificad@s do 4o o 12o posto: 4 puntos
Clasificad@s 3o posto: 6 puntos Clasificad@s 3o posto: 3 puntos
Clasificad@s 2o posto: 7 puntos Clasificad@s 2o posto: 4 puntos
Clasificad@s 1o posto: 8 puntos Clasificad@s 1o posto: 5 puntos
Categoría internacional (campionatos oficiais):
Clasificad@s do 4o o 12o posto: 15 puntos Clasificad@s do 4o o 12o posto: 4 puntos
Clasificad@s 3o posto: 20 puntos Clasificad@s 3o posto: 6 puntos
Clasificad@s 2o posto: 25 puntos Clasificad@s 2o posto: 7 puntos

Clasificad@s 1o posto: 30 puntos Clasificad@s 1o posto: 8 puntos
Só serán puntuables os resultados obtidos de forma individual nos campionatos individuais da súa
disciplina.
Os campionatos oficiais referidos anteriormente serán o galego, nacional, europeo e mundial da
disciplina, así como xogos olímpicos e xogos do mediterráneo. Outros campionatos oficiais que se
presenten poderán ser puntuados ou non a xuízo do comité avaliador.
CONTINUIDADE: Valoración en función dos anos de práctica dos deportistas, éxitos pasados e
mantemento do deportista na alta competición nos seus respectivos deportes e categorías:
 Por acadar mínimo un terceiro posto en campionato galego durante tres ou máis anos: 3 puntos.
 Por acadar mínimo un terceiro posto en campionato galego durante dous anos: 2 puntos.
 Por acadar mínimo un terceiro posto en campionato galego durante un ano: 1 punto
Na valoración deste apartado non serán tidos en conta os méritos acadados no ano 2021.

CATEGORÍA: Valoración en función da idade de cada deportista, non da categoría na que se
compite:
 Absoluta: nados no ano 2.003 e anteriores 10 puntos
 Júnior/xuvenil: nados nos anos 2004,2005,2006 8 puntos
 Cadete/infantil: nados nos anos 2007,2008,2009 6 puntos
Para poder optar a estas axuda da liña a, será requisito obrigatorio que os solicitantes reciban un
mínimo de 3 puntos no apartado palmarés a valorar , e de 13 puntos no total.
Atendendo á especial importancia dun feito deportivo poderá valorarse a inclusión nestas bolsas de
deportistas con calquera clase de discapacidade, ou conqueridos na categoría master (veteráns).
8a.- A instrución do procedementos corresponderalle á Concellaría de Deportes. No seo desta
constituirase unha comisión avaliadora que procederá ao exame das solicitudes presentadas,
formulando proposta de concesión de achega despois da consideración dos criterios establecidos en
cada liña de actuación.
A resolución de concesión ditarase no prazo máximo de dous meses dende o remate do prazo de
presentación de solicitudes, e deberá expresar a relación de solicitantes aos que se lle conceda
axuda, ordenándoos en función da puntuación que tiveran obtido por aplicación dos criterios
sinalados anteriormente, indicando o importe da axuda concedida.

A Xunta de Goberno do Concello de Ribeira estudará a proposta de concesión e acordará a
concesión e o pagamento das bolsas outorgadas.

9a Notificación e publicación da resolución.
A notificación do acordo deberá efectuarse no prazo de dez días sinalado no artigo 40 da Lei
39/20150, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.
A falta de resolución expresa en prazo implicará a desestimación da solicitude.
10a Aceptación da subvención.
Non será necesaria a comunicación de aceptación da subvención, enténdese que tódolos
solicitantes aceptan a mesma.
Para o non previsto nestas bases será de aplicación a normativa legal vixente, e, máis en concreto,
a Base 51a e seguintes das de Execución do Orzamento Municipal.
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑABOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
11a Resolucións.
O acordo pon fin á vía administrativa, e contra o mesmo poderá interpoñer RECURSO
CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO ante o Xulgado Contencioso Administrativo de Santiago de
Compostela, no prazo de dous meses (contado desde o día seguinte ó da práctica da notificación).
Con carácter potestativo e previo poderá interpoñer RECURSO DE REPOSICIÓN perante a propia
Alcaldía, no prazo de un mes (contado desde o día seguinte ó da práctica da notificación); neste
caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto
expresamente ou se producira a desestimación presunta do recurso de reposición interposto. Neste
último suposto, o prazo para a interposición do recurso contencioso-administrativo será de seis
meses, contado desde o día seguinte a aquel no que se produza a desestimación presunta do
recurso de reposición interposto.
Todo iso sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro que estime procedente.

BASES DA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS
EXERCICIO 2022
ANEXO I: SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN
Datos do solicitante
Nome e apelidos : _____________________________________
NIF: ____________________
Enderezo:____________________________________________________________
Localidade: _________________________________________
Tfno. ___________________
Correo electrónico ___________________________________
Datos do representante
Nome e apelidos:_____________________________________________________
NIF _________________________
Tfno.________________________
Correo electrónico __________________________________
SOLICITA a participación na convocatoria de achegas para deportistas ribeirenses non profesionais
correspondente ao exercicio 2022, e que destacaran na súa faceta competitiva no ano 2021.
Liña solicitada: Liña a ( )

ACHEGA a seguinte documentación:
 Fotocopia compulsada do Documento Nacional de Identidade. ( )
 Currículo deportivo, expedido polo Clube ou Federación correspondente, referido ao ano
2021, e anteriores de ser necesario. ( )
 Certificado de empadroamento. ( )
Certificado de empadronamento xa entregado. Non existe variación nos datos. ( )
 Copia da licenza federativa correspondente o ano 2022, ou certificado de haber tido licenza
en vigor nesa tempada expedido pola Federación correspondente.
 Certificación bancaria orixinal da conta corrente na que desexen que se lles ingrese o
importe da achega, no caso de que se conceda. ( )
 Certificación bancaria xa entregada. Non existe variación nos datos. ( )
 Declaración xurada de estar ao corrente coas obrigas fiscais co Concello de Ribeira, así
como das obrigas tributarias coa Seguridade Social. ( )
 Declaración doutras subvencións percibidas no seu caso. ( )

Ribeira, _ de____________________ __________de 2022.