A Área de Cultura do Concello de Rianxo compartiu a súa axenda para este inicio do mes de xullo, unha axenda ateigada de propostas que pon o foco nas expresións musicais das e dos artistas locais (a través do Festival de Verán da Escola de Música ou do XVII Ciclo de Bandas) e, tamén, en achegas de lecer para a rapazada. Un dos puntos máis destacados do programa será a nova edición do Festival Zona de Zanfona, impulsado dende aCentral Folque e o Concello co obxectivo de reivindicar este histórico instrumento e de achegar un punto de encontro (único no territorio peninsular polas súas características), arredor de mesmo.

Venres 1 de xullo
20.00 h. Pazo de Rianxiño: Festival de Verán da Escola de Música de Rianxo.
Sábado 2 de xullo
12.00 h. Pazo de Rianxiño: Festival de Verán da Escola de Música de Rianxo.
22.30 h. Campo de Arriba de Rianxo: Música, Concerto monográfico de John Williams da Banda de Música de Rianxo dentro da programación do XVII Ciclo de Bandas..
Festas en Asados
San Pedro de Vilas en Asados

Domingo 3 de xullo
21.00 h. Campo de Arriba de Rianxo: Música, Concerto da Banda de Música de Visantoña dentro da programación do XVII Ciclo de Bandas.
Festa en Asados
Do venres 8 ao domingo 10
XVII Encontro Internacional Zona da Zanfona
Concertos
-Venres 8 xullo. Auditorio. 21.00h
Coro Cántigas da Terra (Coruña) co espectáculo Arredor da roda. Cos convidados Iván Abal, Gutier Álvarez, Luís “O Caruncho”, Miro Casabella e Óscar Fernández
-Sábado 9 xullo. Praza Rafael Dieste. 22.00
Pedro Viana & João Martins (Porto) e Francesco Giusta (Torino)
-Domingo 10 xullo
Palco Aberto ZdZ. Xuntanza de escolas de zanfona de Galiza. Praza Rafael Dieste. 12.00h
Lotaría ZdZ. Sorteo dunha zanfona. Praza Rafael Dieste. 13.00h
Estrea de Arredor da roda. De Cántigas da Terra a Miro Casabella. Filme documental. Auditorio. 19.30 h
Cursos ZdZ, no Auditorio de Rianxo
Iniciación. Óscar Fernández (Galiza) Venres 8. de 16 a 20h (empréstanse instrumentos)
Intermedio. Gorka Bravo (Euskadi) Venres 8. de 16 a 20h
Avanzado. Francesco Giusta (Piemonte) Sábado 9. de 10-19h
Construción. Suso Gestal e Ariel Ninas (Galiza) Sábado 2 e domingo 3. de 10-20h
Baile. Mercedes Prieto (Galiza). Sábado 9. de 16 a 20h



