“Portos abertos para a pesca de lecer, pero sen arranxo na dársena de Malpica”. Antón Luaces

30 Xuño 2022

O concello de Malpica, ao igual cos de Cervo, Muros, Porto do Son e Ribeira asinaron este xoves os convenios de colaboración con Portos de Galicia para o control da pesca recreativa nos seus peiraos. Deste xeito permítese a ampliación   de horarios e zonas autorizadas para esta práctica nos portos dos cinco concellos. Formalízase así o compromiso de abrir máis zonas á actividade e o establecemento dun control e vixilancia por parte dos municipios dunha actividade vencellada únicamente ao lecer dos viciños e allea por completo á operativa portuaria, fórmula que debe animar ao resto dos concellos do litoral a sumarse a esta posibilidade de avanzar na autorización da pesca de lecer coas maiores garantías para os pescadores e a actividade portuaria.

A estas aperturas quedan por se sumar próximamente outros 26 portos das tres provincias marítimas galegas.  O ente público Portos de Galicia avanza así na regulación aprobada o pasado verán.

Sen embargo o mesmo ente ten aínda por satisfacer unha débeda contraída días antes do Nadal de 2018, cando na bocana da dársena do porto malpicán o pesqueiro “Silvosa” petaba nese punto do portalón contra as instalacións portuarias, feito no que perdeu a vida o patrón e armador da embarcación, mentres os outros tres tripulantes do mesmo barco chegaban polos seus propios medio a terra.

As causas da traxedia radican nas fortes correntes que se xeran nas instalacións portuarias ao abriren as comportas da dársens. Estas correntes que se xeran dentro e fora da dársena -e que xa vai tempo que manteñen as inquedanzas de todos cantos navegan no porto de Malpica- levan proporcionado máis dun susto que, no caso do “Silvosa”, custou a vida ao seu patrón e armador e levou ao Parlamento galego e outras instancias da Comunidade Autónoma, a apoiar e, en calquera caso, defender, as iniciativas surxidas ao abeiro da iniciativa das familias dos tripulantes do pesqueiro  que, dende vai catro anos, agardan con ansiedade que se solucione un problema cuxo único “`pero” pata o arranxar é o económico. E todo porque cando se procedeu a realizar as obras de ampliación e acondicionamento deste moi activo porto pesqueiro non se tiveron en conta os condicionantes surxidos á súa vez pola modificación das correntes e o traslado destas aos portalóns da dársena e a ampla zona de tránsito portuario.

Particularmente sinto como propia a ledicia que Portos de Galicia e o concello de Malpica veñen de dar aos pescadores afeccionados que agora poderán retornar á pesca dende as instalacións do porto. Pero non é posible devolverlle a vida a un mariñeiro que a perdeu no exercicio do seu oficio

e por mor dunhas instalacións portuarias cuxa eficacia está en almoeda por aquela morte absurda. Máis aínda, dempois de que os técnicos que supervisaron durante meses os beneficios ou non daquelas obras de ampliación e modificación do porto malpicán  deran a antender aos responsables  da confraría de pescadores local que o custo das obras para cambiar o que anteriormente fora modificado para mal do porto e dos seus usuarios (velaí a morte do patrón do “Silvosa”) non podería ser “retocado” porque esas obras teñen un custo total que, ao parecer, Portos de Galicia non pode asumir. Vamos, que non hai cartos para solucionar un problema de vida ou morte no peirao malpicán, pero sí poderán volver pescar neste os afeccionados, cousa que me alegra do mesmo xeito que non o fai  o abandono das responsabilidades que corresponden aos dirixentes dun porto como é o de Malpica.

Verdadeiramente non se pode facer nada para, cando menos, honrar a memoria dun fillo da vila malpicán perdida absurdamente nunha correntada que nunca xeraron os mariñeriros deste porto e sí poido ser responsabilidade de quen dirixiu aquelas obras de ampliación das instalacións que tanrto doen actualmente?-

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...