“Periga a frota de artes menores”. Antón Luaces

09 Xuño 2022

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) presentou no Congreso dos Deputados varias iniciativas para que o Goberno rectifique a súa decisión de restrinxir a pesca do abadexo na Zona CIEM BC para o ano 2022, feioto dop que xa informara este xornal días pasados. A organización nacionalista galega, a través do seu deputado na cámara Baixa, Néstor Rego, reclama ao Executivo que conte coa opinión do sector para avaliar as posibilidades reais de levar a cabo os estudos precisos sobre o nivel do stock para tomar unha mellor decisión e que estea respaldada polo sector afectado.

O borrador de Resolución da Secretaría Xeral de Pesca sobre a disposición de pesca do abadexo na citada Zona CIEM fixa un stock de 166 toneladas  de abadexo da que ao Estado español corresponden 161, a mesma cantidade que se contempla na cota do POL/A/3411 na zona 8 c (9,8 toneladas) e o sobrante do ano 2021 (17 toneladas) ata acadar as 160 toneladas estipuladas en 2021.

O borrador non reflicte a realidade porque, segundo o BNG, conleva “un enfoque precautorio e mesmo a propia Secretaría Xeral de Pesca  admite esta visión ante a escasa información a respecto da abundancia e o nivel de explotación do stock. Recrimina o deputado nacionalista á Administración do Estado que non se puxera  en contacto co sector da pesca profesional para avaliar a situación e obter información fidedigna.

A distribución establecidas pola Administración nos topes de capturas de quilos de abadexo por barco e semana en cada trimestre “supòn un novo agravio para a pesca artesanal”, dí Néstor Rego, para quen resultan moi significativos os recurtamentos se temos en conta que “o abadexo nunca pechou por sobrepesca, nin sequera se tivo que restrinxir a pesca porque hai anos que a cota sobra”. O reparto proposto deixa o groso da cota para ols meses finais do ano, momentol en que a maioría da frota se dedica á pesca  doutras especies para aproveitar  a campaña de Nadal, mentres que apenas se permiten capturas no resto do ano.  

Esta situación, como xa informara O Barbanza, está a provocar un fondo nmalestar nas confrarías e entre os patróns e as tripulacións das embarcación, que ven como se lles vai impoñer unha cota moi restritiva nunha especie que “nunca a tivo e que nunca a necesita, cuns topes  inasumibles patra a frota artesanal, o que significaría na práctica, que un barco de artes menores -de 3 a 4 tripulantes-  só podería pescar unha ou dñuas pezas de abadexo á semana neste trimestre. Néstor Rego ve inxustificable que se establezan esas cotas cando a Administración non dispón de ningún estudo  que avalíe esa decisión- Reclama tamén a rectificación do Goberno e demanda un diálogo co sector para que poida avaliar as posibilidades reais en cantol á pesca do abadexo deste ano. Paralelamente o BNG demanda do Executivo levar a cabo os estudos precisos  que proporcionen información sobre o nivel do stock para poder tomar as decisión, sempre en contacto permanente co sector afectado

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.