PatakaMacabra (Airiños) presenta o sábado 11 en Rianxo o espectáculo “Reset”

O grupo PatakaMacabra da escola de teatro Airiños (con sede en Asados) vai representar o espectáculo Reset. Historia dun futuro roubado, o vindeiro 11 de xuño, sábado, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo ás 20.30 horas. A obra é unha creación colectiva dirixida por Amantia Coello, responsábel actual da histórica agrupación rianxeira, a compañía de teatro máis antiga de Galicia.

O elenco artístico está formado por Sara Rial, Irene Ordóñez, Mateo Figueiro, María Alcalde, Celia Blanco, Estefanía Moares, Álvaro García, Katia Lojo, Noelia Fernández, Lara Lapa e Laura González. Coa participación de Teatrinclis.

A entrada é de balde ata completar a capacidade do auditorio. Poden retirarse as entradas o mesmo día dende ás 20.00 horas na billeteira do auditorio.