Os establecementos de Noia reivindican cunha campaña-exposición a esencia xacobea do concello

13 Xuño 2022

O pasado venres 10 de xuño celebrouse en Noia presentación da campaña O noso camiño, deseñada pola Asociación Noia Historica coa colaboración co Concello e a Asociación Amigos do Camiño da Ría de Muros e Noia co obxectivo de promover a importancia xacobea da vila e a súa contorna ao tempo que se impulsa o comercio, a gastronomía e a hostalería local. Inclúe tres eixes de traballo: unha exposición sobre o Camiño en 45 locais de Noia, a decoración dos escaparates dos establecementos con vinilos xigantes e máis unha peregrinación a Santiago.

A campaña ten o seu punto de partida oficial no nomeamento, por parte do Cabido da Catedral compostelá (e logo de dez anos de espera e traballo) da ría de Muros e Noia como Camiño de Santiago. “Recoñeceuse deste xeito”, sinalou Noia Histórica, “un percorrido dunha beleza única e con testemuñas claras da súa historicidade, un camiño vivo”.

Por certo que as imaxes que acompañan estes días as fachadas dos establecementos participantes do casco histórico proveñen do arquivo gráfico da Asociación Amigos do Camiño da Ria.

O obxectivo concreto da campaña é “acadar que o conxunto da cidadanía sinta como propio o itinerario xacobeo e contribúa a difundilo”, sinalouse na presentación celebrada este 10 de xuño, onde tamén se fixo saber que as imaxes que constitúen esta exposición múltiple e urbana son obra da man do fotógrafo local Pichero. Tematicamente achegan diferentes vertentes da experiencia xacobea na ría de Muros e Noia.

Outros artigos

Adiado en Rianxo até o 17 de maio o acto de homenaxe a Rosalía

A Área de Cultura do Concello de Rianxo confirmou hoxe que por mor das condicións climáticas adversas previstas para este venres 23 de febreiro, o acto en lembranza de Rosalía de Castro que estaba previsto para a dita xornada na praza de Padrón (no paseo da Ribeira a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...