O Torneo Internacional Jealsa de fútbol base – Concello de Boiro recada 10 mil euros en beneficio da Fundación Aladina

15 Xuño 2022

O Torneo Internacional Jealsa de fútbol base – Concello de Boiro que se celebrou os días 28 e 29 de xuño en Barraña, recada 10.105 euros para a Fundación Aladina. O alcalde, José Ramón Romero, e o organizador do torneo e membro de Aladina, Julio Mariño, fixeron esta mañá a presentación e entrega
do cheque coa recadación.
O alcalde, José Ramón Romero, agradeceu a implicación da organización, das entidades e persoas colaboradoras e de todas as persoas participantes e asistentes e que se materializou “nuns moi bos resultados de recadación en beneficio da Fundación Aladina”. Ademais o alcalde resaltou a
importancia e repercusión económica e de promoción que eventos como este, que atraen a moita xente, teñen sobre o municipio.
O organizador do evento, Julio Mariño, agradeceu a todos os colaboradores que axudaron a que o torneo se levase a cabo, a todos os patrocinadores e tamén a todas as persoas que colaboraron na organización.
“É un orgullo para min poder facer entrega deste cheque coa recadación á Fundación Aladina”, afirmou Julio.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...