O obradoiro A vida é de cores! impartirase a cativada da Pobra

28 Xuño 2022

A Pobra do Caramiñal albergará no 30 de xuño o obradoiro A vida é de cores! ao abeiro da campaña Liberdade de ser e sentir!, impulsada pola Deputación da Coruña con motivo do Día da Diversidade Sexual, no 28 de xuño, e á cal a Administración local se atopa adherida a través da Concellaría da
Igualdade, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra).
Destinado a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e 7 anos, o dito taller busca ofrecer unha educación alén do branco e negro sobre a diversidade, igualdade e respecto entre iguais co obxectivo de previr o rexeitamento por cuestión de orientación ou identidades e aprender a poñer límites e expresa-los afectos de maneira saudable. Estará impartido pola educadora social Sabela Maceira Mato.
Desenvolverase no CEP Salustiano Rey Eiras, en horario de 10.30 a 11.30 horas, e contará coa asistencia da cativada que participa nos campamentos de conciliación.
Esta actividade súmase ó programa posto en marcha polo Concello pobrense focalizado no día 25 consistente nun desfile amenizado pola batucada Bloquinho Aperta, colocación da bandeira coas cores do arco da vella na casa consistorial e música na praza Alcalde Segundo Durán.
Máis información sobre a referida campaña provincial na páxina web www.seresentir.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.