O Náutico de Boiro loce xa o distintivo Bandeira Azul

26 Xuño 2022

O alcalde, José Ramón Romero, acompañou esta mañá ao presidente do Náutico de Boiro – Marina Cabo de Cruz, Manuel Fajardo, e ao presidente da Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde, no acto de izado da Bandeira Azul do Náutico. Estiveron tamén os concelleiros María Outeiral e Carlos Muñiz, membros do CINA e do Club de Remo.
Con esta distinción o Náutico de Boiro convértese no único da Ría de Arousa con Bandeira Azul, un distintivo concedido pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor que o Náutico renova por décimo ano consecutivo. Este distintivo acredita a calidade das instalacións e os servizos que ofrecen ás persoas usuarias.
O presidente do náutico, Manuel Fajardo, mostrou o seu orgullo porque “unha entidade pequena como a nosa sexa casi o club máis importante de España, esa é a nosa meta”. Durante a súa intervención deu a coñece o traballo que están a realizar por facer unhas instalacións acordes coa actividade do Náutico.
Nas súas declaracións o alcalde, José Ramón Romero, puxo en valor o traballo e esforzo da directiva do náutico que “están dando pasos para converterse no mellor náutico de España” e mostrou o compromiso do Concello de Boiro para facer realidade esas novas instalacións.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...