O filme “Welcome to ma maison”, de Andrés Goteira, proxéctase este sábado en Boiro

25 Xuño 2022

Ao abeiro do Ciclo de Cinema Mestre Mateo, Boiro vai acoller este sábado 25 de xuño a proxección do filme Welcome to ma maison. Será ás 20.30 horas no Centro Social de Boiro.

Trátase dun documental dirixido por Andrés Goteira que conseguiu ser finalista este ano dos premios galegos do mesmo nome.

A cinta conta as desventuras de Igor Fernández, un actor que, tras un colapso emocional, decide afastarse da interpretación por un tempo e centrarse na investigación cinematográfica.

Igor comeza a escribir un libro que versa sobre a linguaxe non verbal das mans na filmografía do director danés Nicolas Winding Refn (Drive). Desde este punto, o seu obxectivo pasa do desexo de perdurar nas pantallas para atoparse co seu idolatrado director, abrirse en canle con el e escribir un capítulo final para o seu libro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

Si se cumplen las predicciones demoscópicas, el próximo domingo EH Bildu ganará las elecciones en el País Vasco, superando por primera vez al PNV en escaños y en votos. El fenómeno de crecimiento abertzale está rasgando las vestiduras de muchos politólogos y...