O Concello de Ribeira informa da apertura do prazo de inscrición do IV Ciclo da USC

21 Xuño 2022

O Concello de Ribeira, participante no IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela (USC), informou de que xa está aberto o prazo de matrícula no ciclo. Todas as persoas maiores de 50 anos que o desexen poden formalizar a súa inscrición (antes do 29 de xullo) na páxina web da Universidade de Santiago.

As persoas que soliciten por primeira vez a súa matrícula poden dirixirse ao Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira de luns a venres de 8 a 14 h para cubrir os datos da preinscrición que se enviarán á USC, ao agardo da alta como novo/a alumno/a e a correspondente folla de pagamento de taxas.

A formación universitaria a partir dos 50 anos é posíbel en Ribeira grazas ao convenio asinado en 2019 entre a USC e o Concello de Ribeira. Acerta das vantaxes e posibilidades que pon en xogo esta colaboración, dende o Consistorio explican que “a creación dunha sede universitaria do cuarto ciclo dirixida a persoas maiores de 50 anos, promove a formación continua, a democratización dos estudos universitarios…, en definitiva a universalización da formación universitaria trasladándoa da capital de Galicia á cabeceira da comarca do Barbanza”.

Este curso 2022-2023 a oferta formativa na sede de Ribeira do IV Ciclo da USC é a seguinte:

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.