O Concello de Boiro colabora con Peñas Boiro AC para o desenvolvemento da Festa das Peñas

28 Xuño 2022

O Concello de Boiro colabora con Peñas Boiro AC no desenvolvemento da Festa das Peñas, que se celebran no marco das Festas do Verán 2022. O alcalde, José Ramón Romero, e o presidente da asociación, Quin Riveiro, fixeron este 28 de xuño a presentación do programa acompañado de outros membros da directiva.

Peñas Boiro AC organiza dúas citas no marco das Festas do Verán 2022. Unha delas será o venres día 1, coincidindo co incio das festas, que se fará a Remember Fest no Parque da Cachada, na que participarán os DJ Matrek, Xacobo de Mínimo eventos, Marcos Magán e Manu GZ.

O luns día 4 no Parque da Cachada celebrarase o Día das Peñas. Ás 11.30h farase a xuntanza das peñas, ás 12.00h festa infantil con actividades para os máis pequenos nunha zona separada e tamén os xogos tradicionais; ás 13.30h festa da auga con mangueirazo de honra do piraguista do Club de Piraguismo Rías Baixas Adrián Mosquera; ás 13.45 horas sesión vermú con All Stars, o grupo formado por Diego Moreira, Óliver Pérez e Néstor Peña.

Dende Peñas AC insistiron “na importancia de cumprir as normas de acceso ao recinto para un bo desenvolvemento das actividades como é a prohibición de entrar ao recinto con vidrio, a recollida de lixo, o non consumo de alcol para menores de 18 anos…”, así como fixeron un chamamento á responsabilidade.

O Concello de Boiro lembrou a súa “importante aportación económica e de medios” para o desenvolvemento de todas as actividades que forman parte das festas. “A Festa das Peñas forma parte da programación das festas do verán, polo que pedimos responsabilidade para que se desenvolva sen incidencias”, afirmou o alcalde.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.