O Club de Surf Area Longa celebra este sábado o seu 30 aniversario cunha gran festa deportiva e de lecer nas Furnas (O Son)

22 Xuño 2022

A praia das Furnas, en Porto do Son, vai dar acollida este sábado 25 de xuño á celebración do 30 aniversario do Club de Surf Area Longa, unha actividade conmemorativa impulsada dende o propio club e contando co Concello e a Federación Galega de Surf en tarefas de patrocinio. A axenda inclúe competicións, música reggae en directo e sorteos. Desenvolverase en horario de 11.00 a 23.00 horas. Haberá, ademais, bautizos gratis de surf, exhibicións creativas (por exemplo un mural en directo a cargo de Solo Samu), inchábeis para os máis pequenos, ioga terapéutico e un obradoiro de reciclaxe a cargo de Noia Limpa.

O Club de Surf Arealonga ten a súa orixe en 1992, impulsado pola comunidade local de surfeiros e visitantes asiduos das praias da contorna, que están entre as mellor consideras de Galicia e o ámbito estatal polos seareiros deste deporte. Amais de promover a práctica do surf e achegar formación para persoas iniciadas os seus integrantes téñense implicado en iniciativas de limpeza de praias e contornas costeiras e no desenvolvemento de eventos e competicións.

Outros artigos

A XI Regata Caiac de Mar do Concello de Rianxo celebrarase o 2 de marzo

Xa temos data para XI Regata Caiac de Mar Concello de Rianxo, logo de que o mal tempo do 10 de febreiro, data inicial obrigase a adiar a celebración. Finalmente optouse polo sábado 2 de marzo. Será a partir das 10.00 horas no porto de Rianxo. As saídas están fixadas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Celebrando a  Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía e o seu día celebramos o que nos une, o que nos representa e o que nos move. Poucas figuras concitan ó seu redor a unanimidade que convoca Rosalía. E iso en boa medida porque ela soubo tocar as cordas, unha a unha, aínda que fose de distinto...