O Campus do Emprendemento e do Saber de Noia achega este verán unha axenda de 8 actividades formativas

A semana pasada, o mércores 15 de xuño, o edificio do Casino de Noia acolleu a presentación do Campus do Emprendemento e do Saber, a iniciativa de FUNDEHSGA para converter as nosas vilas en centros de coñecemento avanzado e investigación. O Campus de Noia ofrecerá un total de oito actividades formativas.

Contouse coa presencia do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o alcalde, Santiago Freire, o Joaquín Dosil, director do Campus e varios concelleiros.

Durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro a vila noiesa será o escenario dunha destacada axenda de cursos e xornadas que van, tematicamente, dende o deporte e a saúde Mental até o legado do Xacobeo na ría da Estrela (ría de Muros e Noia), pasando polos 40 anos da nosa autonomía incluíndo, tamén, unha xornada destinada aos nosos bivalvos. Estes cursos, que podemos consultar polo miúdo na web do Campus, están organizados polo Concello e pola Fundación para o Desenvolvemento Humano e Social de Galicia (FUNDEHSGA).

Lugares de celebración

Casa da Cultura de Noia

Casino de Noia

Coliseo Noela

Aula de formación da Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia

Máis información

Máis datos no teléfono 981 576 666 ou na conta de correo info@fundehsga.com. Tamén na Casa da Cultura de Noia, 981 824 169.