O BNG brinda o seu apoio á veciñanza de Palmeira, mobilizada para reclamar mellor atención sanitaria na vila

21 Xuño 2022

O BNG apoiou este luns 20 de xuño as demandas da veciñanza de Palmeira para esixir que a Consellaría de Sanidade volva dotar de médico o centro de saúde da parroquia. Os nacionalistas argumentan que “a situación da Atención Primaria en Ribeira empeora a pasos axigantados por mor da precariedade laboral que padece o persoal sanitario e por culpa dos recortes orzamentarios aplicados polo Goberno galego”. Esta situación, din, “fai que haxa falta de profesionais, listaxes de agarda para acudir a unha cita médica e unha atención de peor calidade”.

Para o BNG, os centros sanitarios de Palmeira e Ribeira son “bos exemplos de como os recortes e a precariedade deterioran o sistema público de saúde”, unha situación que segundo explican abocou ao de Palmeira a carecer durante semanas “do único médico que o atende por mor dunha incapacidade temporal do devandito profesional”, mentres que, engaden, “o centro médico de Ribeira está nunha situación de colapso absoluta pois, dun total de 14 prazas de facultativos, hai 6 sen cubrir, co agravante de que 3 prazas levan máis dun ano vacantes”, sinalan.

O voceiro do BNG, Luís Pérez Barral, cre que “os recortes do Partido Popular están provocando graves prexuízos á poboación pois, ao non substituír o médico, as persoas maiores de Palmeira deben desprazarse ao centro de saúde de Ribeira en autobús ou en taxi, supoñendo un gasto económico, ou ben depender doutras persoas para o seu traslado”.

O dirixente nacionalista critica tamén ao Concello ante este problema: “Está claro que defenden o PP por riba dos intereses da veciñanza ribeirense”. Os membros do BNG temen que a falta de médico durante semanas sexa “a antesala perfecta para o feche do consultorio palmeirense como aconteceu cos de Taragoña e Cabo de Cruz, clausurados a comezos da pandemia e que nunca máis volveron abrir”. E engaden: “Non imos consentir que deterioren o sistema público de saúde, imos traballar a carón dos profesionais e da veciñanza para garantir o dereito a un sistema sanitario de calidade”.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.