O alumnado do Obradoiro de Emprego en Xestión Forestal de Boiro realiza traballos na contorna do Campo de Valiño

21 Xuño 2022

O alumnado do Obradoiro de Emprego en Xestión Forestal Torre Goiáns – Boiro realizou traballos de mellora e valorización da finca forestal nas inmediacións do Campo de Fútbol de Valiño. As actuacións forman parte dos traballos prácticos da formación que están a recibir.

Participan no Obradoiro de Emprego un total de 20 alumnos divididos en dúas modalidades. Unha parte do alumnado formase en Actividades Auxiliares en Conservación e outra en Mellora de Montes e Repoboacións Forestais e Tratamentos Silvícolas. O alumnado realizou parte da formación práctica na contorna do Campo de Fútbol de Valiño para a mellora e valorización da finca forestal.

Ademais da formación teórica e a posta en práctica das habilidades adquiridas, o alumnado formase tamén en competencias xenéricas e destrezas para a busca de emprego. O Concello de Boiro desenvolve o Obradoiro de Emprego en xestión forestal Torre Goiáns – Boiro durante o curso 2021-2022 mediante o financiamento da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, ao abeiro das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.