Este 5 de xuño clausúranse en Santa Irene as Escolas Deportivas de Porto do Son

04 Xuño 2022

Este 5 de xuño vaise celebrar o acto oficial de clausura das Escolas Deportivas locais de Porto do Son. Será a partir das 18.00 horas no Polideportivo de Santa Irene. O programa inclúe exhibicións de baile, taekwondo, patinaxe e acrobacias.

As Escolas Deportivas para o presente curso, 2021-2022, contaron con sete sedes de actividade e un amplo programa de disciplinas.

Unha das grandes novidades deste curso foi a colaboración do club Artrogal, que se materializou nunha escola de tríatlon para a rapazada: a escola Trisón. O obxectivo desta proposta foi mellorar a condición física das nenas e nenos ao tempo que se lles achegaban recursos para socializar e traballar en grupo e, tamén, superar desafíos emocionais e anímicos.

As escolas impartíronse no Polideportivo de Santa Irene (predeporte, baile moderno, mantemento para maiores, pilates, acrobacias, baile acrobático, spinning e fit training) e nas Casas da Cultura de Portosín (spinning e pilates), Queiruga (pilates), Baroña (mantemento de maiores), Xuño (mantemento de maiores), Caamaño (mantemento de maiores) e San Pedro (mantemento de maiores).

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.