No Son o BNG homenaxea á deputada Ánxela Franco, no terceiro aniversario do seu pasamento

11 Xuño 2022

O acto, tivo lugar, este sábado día 11, na praza que se atopa a carón da casa do Concello de
Porto do Son, ás 12 da mañán.
Ánxela Franco faleceu no ano 2019, ostentando o cargo de deputada provincial do BNG, na
Deputación Provincial da Coruña, na área de Benestar Social e Igualdade, e o de concelleira en
Porto do Son, de onde era natural.
Toda a comarca da Ría de Muros e Noia, así como a do Barbanza, únense para este acto de
homenaxe onde, ademáis de intervir compañeiras e compañeiras de partido do Porto do Son,
entre elas o actual portavoz municipal e candidato polo BNG ás próximas eleccións municipais:
Balbino Montemuiño, tamén falaron a responsable comarcal: Sol Agra, e a deputada no
parlamento da Xunta de Galicia: Rosana Pérez.
A esta importante homenaxe asistiron numerosas personalidades do eido cultural e asociativo
da comarca, así como familia e amizades da homenaxeada.
O emotivo acto comezou con música de violín, a cargo de Adolfo Carreira Pol, e rematou
nunha ofrenda de cravos vermellos ó pé da gran foto de Ánxela, mentres soaba o himno
galego.
O BNG quere resaltar, con este acto, o grande respecto e admiración que ten polo valioso
legado político da compañeira Ánxela Franco.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.