Morre a condutora do turismo implicado no accidente contra un furgón en Porto do Son

05 Xuño 2022

Este domingo falecía no hospital clínico de Santiago a condutora do turismo implicado no accidente rexistrado o venres en Porto do Son, nas proximidades do areal da Aguieira, no que bateu contra un furgón.

O sinistro obrigou a cortar e desviar o tráfico na estrada entre O Son e Portosín tras envorcar o furgón na estrada.

A muller era unha moza de 22 anos veciña da parroquia de Caamaño. Permanecía ingresada na UCI en Santiago pero non se recuperou das feridas.

Ademais dela no coche ían dous irmáns seus, un permanece en coidados intensivos e o outro recupérase na casa das feridas. No furgón, ademais do condutor, viaxaban sete turistas estranxeiros.

Outros artigos

Nova plantación de freixos e ameneiros no río Tins de Outes

Fundacion Montescola. RedNatur A pesar da chuvia, este sábado 24 de febreiro realizouse unha nova actividade de voluntariado ambiental do proxecto ReNatur Outes, na que unha ducia de participantes plantaron 76 freixos e ameneiros ao longo do treito urbano do río Tins...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

Pensamos, pensé, en la belleza de los ojos, hasta que un día cerca de casa, una pared me decía, ¡No, no son los ojos, son las miradas! Pensando en ello, cuánta razón, no son los ojos son las miradas, podemos ver en la película Los puentes de Madison, interpretada por...