Martes, iníciase o verán sen cambio no tempo

20 Xuño 2022

Non se agardan cambios significativos para o martes, xa que Galicia segue na influencia das baixas presións que seguen traendo moita inestabilidade atmosférica. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos máis probables e intensos a partir do mediodía. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará frouxo de dirección variable.

A chegada oficial do verán á nosa xeografía terá lugar este martes 21 de xuño ás 11:13 horas, segundo o Observatorio Astronómico Nacional. O solsticio perdurará ata o próximo 23 de setembro de 2022, día no que se iniciará o equinoccio de outono no hemisferio norte.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá, variable á tarde e do norte á noite, forza 2 a 4 á mañá, 2 a 3 á tarde e 1 a 3 á noite. Marusía á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá, 0.5 a 1 metros á tarde e 0 a 1 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar04:381.0 m
Preamar10:583.0 m
Baixamar16:581.2 m
Preamar23:183.3 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar04:321.1 m
Preamar10:503.0 m
Baixamar16:491.3 m
Preamar23:113.2 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar04:361.0 m
Preamar10:553.0 m
Baixamar16:551.2 m
Preamar23:153.2 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.