Licitada a creación da ruta litoral de Ribeira que reivindica o seu patrimonio marítimo

08 Xuño 2022

O Concello de Ribeira licitou este 8 de xuño a creación da ruta litoral Ribeira destino litoral sostible: o mar, un patrimonio visible, formada por 17 paneis instalados entre Palmeira e Corrubedo. O obxectivo deste importante sendeiro pola costa do concello é “informar e poñer en valor o pasado, presente e futuro da pesca, o marisqueo e o patrimonio marítimo e industrial das nosas costas”.

Lugar do Touro, en Ribeira

De acordo co prego de condicións técnicas, establécense un total de cinco campos temáticos que se deben cubrir por medio de textos e fotografías: paisaxe e territorio, cultura mariñeira tradicional; actividades en portos, lonxas e prazas de abastos; gastronomía mariñeira; e experiencias turísticas.

Os paneis estarán situados en Palmeira, Coroso, na lonxa e o porto de Ribeira, O Touro, Castiñeiras, praia do Castro, O Carreiro, a lonxa e o porto de Aguiño, o Peirao Fenicio, Couso, O Vilar e no pobo e no faro de Corrubedo.

Porto Fenicio da Covasa – Aguiño – Ribeira

Ademais, contratarase a adquisición e colocación dos paneis, nos que o material empregada será madeira de pino tratada con autoclave e impreso en vinilo laminado en soporte de aluminio, “o cal lle outorga unha maior durabilidade”, sinálase nas bases, onde se engade que o orzamento da licitación comprende dous lotes de 14.399 (fotografías, contidos e maquetación para os paneis) e 35.404,60 euros (adquisición e colocación das estruturas e impresión dos contidos que van nelas) ata sumar un total de 49.803,60 euros, IVE incluído.

A actuación está subvencionada pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia ao abeiro do GALP (Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro) Ría de Arousa.

Os interesados poden presentar as súas ofertas ata o 23 de xuño á medianoite a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta (SILEX).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.