JEALSA a Universidade de Vigo únense para crear os Premios We Sea

21 Xuño 2022

O grupo conserveiro JEALSA, con sede principal en Boiro, vén de selar unha alianza coa Universidade de Vigo para dar forma a uns galardóns conxuntos que buscan visualizar, reivindicar e distinguir contribucións á sustentabilidade e á economía circular. Trátase dos Premios We Sea, que veñen na súa primeira edición con dúas modalidades: unha que recoñecerá o mellor traballo de Fin de Grao (TGF), e outra que premiará o mellor traballo de Fin de Mestrado-Máster (TFM).

Os Premios We Sea levan o nome do propio programa de Responsabilidade Social Corporativa de JEALSA, que é, segundo lembra a conserveira, un programa pioneiro no ámbito estatal conserveiro e cuxos obxectivos “son o benestar económico social e a protección da contorna natural”, reunindo todo o traballo e investimentos realizados pola compañía en materia de sustentabilidade e coidado do medio ambiente.

We Sea está articulado nos cinco eixos de actuación de JEALSA, que reflicten á perfección o compromiso activo que mantén toda a compañía: pesca e compra responsábel (We Buy & Sea), políticas de calidade (We Control & Sea), enerxías renovábeis e medio ambiente (We Care & Sea), responsabilidade Social (We Respect & Sea) e economía circular (We Invest & Sea).

“Estamos moi contentos de colaborar coa Universidade de Vigo para a creación dos Premios We Sea, que teñen o obxectivo de recoñecer as mellores prácticas de sustentabilidade e economía circular, así como de incentivar a formación e investigación en materia de innovación e modernización do sistema produtivo e desenvolvemento sustentábel. É importante concienciar á sociedade e ao talento que está por vir”, comenta Ángeles Claro, directora do programa We Sea de JEALSA.

Ángeles Claro, directora de We Sea

Entre os requisitos para os galardóns os traballos deberán obter unha cualificación igual ou superior a 8, e estar orientados á consecución dalgunha das metas do Obxectivo de Desenvolvemento Sustentábel, entre as que se atopan a produción e o consumo responsábel (punto 12) ou o coidado da vida submarina (punto 14).

Os estudantes da Universidade de Vigo que sexan recoñecidos cos Premios We Sea recibirán 1.000 euros en metálico, así como un convenio de prácticas remuneradas por un período de tres meses nun centro de traballo de JEALSA, que se fará cargo de todos os gastos derivados do galardón. O prazo de presentación de candidaturas finalizará o próximo 16 de setembro de 2022.

Para máis información podemos consultar as bases online da convocatoria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.