Ferido de gravidade un home en Boiro tras arder a súa furgoneta

13 Xuño 2022


Bombeiros Boiro

Un home resultou ferido de consideración polas queimaduras sufridas tras arder unha furgoneta no concello coruñés de Boiro.

Segundo os primeiros datos, o incendio do vehículo produciuse cando se atopaba realizando tarefas de proxección de bateas destinadas ao cultivo de marisco, nunha zona costeira do lugar de Mañóns.

Todo apunta a que o home resultou ferido cando tentou apagar polos seus propios medios o incendio na furgoneta, cuxas causas se investigan, e que quedou completamente calcinada.
Ata o lugar do incidente desprazáronse varias dotacións de Policía Local de Boiro, Bombeiros e servizos de emerxencias médicas que, tras atender e estabilizar á vítima, decidiron a súa evacuación no helicóptero medicalizado que o trasladou ata o Complexo Hospitalario Universitario de Coruña (CHUAC) para ser atendido na unidade de queimados pola gravidade das feridas que presentaba.

Bombeiros Boiro

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...