En Rianxo detido un home por desobediencia grave, resistencia e atentado a axentes da autoridade

02 Xuño 2022
Foto Policia Rianxo

Funcionarios da Policía Local de Rianxo procederon no día de hoxe á detención dun varón residente nesta localidade como autor dun delito de desobediencia grave, resistencia e atentado a axentes da autoridade.
Os feitos ocorreron cando as dotacións de servicio foron requeridas dende un local de hostalería ó atoparse a citada persoa en estado aparentemente ebrio, importunando e molestando á clientela entre a que se encontraba unha persoa discapacitada incluso cos pantalóns baixados. Ante a negativa a abandonar o local optaron por requerir a presenza policial.
Unha vez noi lugar e debido a que a citada persoa se atopaba xa no exterior do establecemento cos pantalóns baixados no medio da rúa, tratándose dunha praza onde se ubica nas proximidades un parque infantil con numerosos menores de idade no momento da actuación, foi requerida para que se identificase negándose en reiteradas ocasións sendo trasladado a ditos efectos ás dependencias policiais onde no momento de procederse ás actuacións oportunas propinou de forma sorpresiva varios golpes cos puños e as pernas ós policías procedéndose á súa detención.
Un dos policías actuantes tivo que ser asistido no centro de saúde da localidade como consecuencia dos golpes recibidos.
O detido e dilixencias practicadas foron traspasados á Garda Civil para a súa continuación e posta a disposición xudicial ante o Xulgado de Garda de Padrón.

Outros artigos

Comezaron en Ribeira as obras de mellora do parque Pedra Pateira

O Concello de Ribeira informou de que xa comezaron este mes de marzo as obras para poñer a punto o parque infantil de Pedra Pateira, no barrio de Bandourrío (Santa Uxía). A actuación contempla unha liña de pluviais para evitar a acumulación de auga superficial, novos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rodar e rodar”. Carlos Moledo

“Rodar e rodar”. Carlos Moledo

Recordarán los lectores que hace apenas quince días Galicia estaba inmersa en unacaloradísimo debate socio-político planteado por múltiples formaciones políticas, algunas yacasi extintas a día de hoy, al menos hasta dentro de cuatro años. Dichos partidos políticos,...