En Boiro adxudicadas as obras para traballos de pavimentado en Currilo, A Mina, Carragueiros e Loimar

20 Xuño 2022

O Concello de Boiro aprobou a adxudicación da obra de mellora de pavimentación en Carragueiros, Currillo, A Mina e Loimar do POS+2021 da Deputación da Coruña por importe de 148.781,01 euros.

O proxecto contempla a mellora e conservación do conxunto do firme e as súas características funcionais, así como dotar de servizos de recollida de pluviais no tramo que se vai a executar na zona do Currillo. Segundo detallou o Concello, os lugares obxecto da actuación son treitos do entorno rural en Carrageiros, Currillo, A Mina e Loimar e as obras teñen como obxecto mellorar o firme e a dotación de servizos básicos.

En Carragueiros vaise actuar nun tramo de vía de 970 metros para a rehabilitación superficial dun total de 8.439 metros cadrados de superficie. Na Mina vaise actuar en dous tramos distintos, un deles e 500 metros entre a Mina e a Madalena, e outra actuación de A Mina a Rosadelas con pavimentado dun tramo de 200 metros e outro de 170. En Loimar vaise levar a cabo unha actuación de 400 metros de lonxitude, nos que se vai levar a cabo a rehabilitación superficial para conservar e mellorar as características funcionais e protección do conxunto do firme.

En Currillo, ademais de renovación dun tramo de 192 metros do firme, vaise executar unha rede separativa de pluviais que garanta que as augas da choiva non deterioren a vía, aumentando a súa durabilidade e que non acaben filtrando na rede de fecais existente e mellorar o funcionamento xeral da rede de fecais.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.