En Boiro aberto o prazo de solicitude de autorización para as cacharelas de San Xoán

07 Xuño 2022

O Concello de Boiro delimitou as zonas para celebrar as fogueiras de San Xoán e abriu o prazo de solicitude e comunicación das cacharelas na noite do 23 de xuño de 2022. Segundo fai saber o Goberno municipal, “unicamente poderán celebrarse aquelas fogueiras que, sexan en solo privado ou público, teñan realizada a comunicación a través do Rexistro Xeral do Concello”.

Respecto dos espazos de terreo público que foron delimitados, aquelas persoas que queiran realizar unha fogueira naqueles deben poñerse en contacto co departamento de Medio Ambiente e solicitar por Rexistro o lugar asignado polo departamento.

No caso de terreos particulares as persoas interesadas deben facer a correspondente comunicación previa e cumprir unha serie de requisitos e medidas preventivas.

As autorizacións permiten as cacharelas dende as 18.00 horas do 23 de xuño e deberán quedar “perfectamente apagadas antes das 06.00 horas”.

Como norma xeral o Concello lembra que será obrigatorio facer unha devasa (cortalumes) para o perímetro que se vai queimar; que non se prenderá lume a menos de 15 metros de edificacións, instalacións ou árbores; que non está permitida a queima de certo tipo de residuos; que terán que habilitarse medidas de prevención para o lume; e que o volume das cacharelas non poderá exceder os 2 metros de altura e 3 de diámetro.

O prazo de presentación de comunicacións e solicitudes está aberto dende este martes 7 de xuño e poden realizarse ata o vindeiro 19 de xuño, mediante o Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou da sede electrónica. Toda a información e modelos de solicitude están a disposición das persoas interesadas na web municipal, www.boiro.gal.

Outros artigos

O sábado comeza a XVII edición do Encontro Arqueolóxico do Barbanza

A Casa da Cultura de Boiro acolle esta fin de semana, o sábado 24 e o domingo 25 de febreiro, a dezasete edición do Encontro Arqueolóxico do Barbanza, organizado polo Centro Arqueolóxico do Barbanza (Boiro). Este evento, que comezou a súa andaina no ano 2007, ten como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

Eles tamén ganaron, aínda que desta vez, como noutras ocasións, houbo perdedoresagochados detrás do parapeto da verborrea ou dese inmenso muro de silencio. Taménhoubo quen, con tristura e desacougo, admitiu a derrota e parece que está en disposiciónde intentalo...