“Dicir se hai quen minte e quen minte máis” – Antón Luaces

16 Xuño 2022

Non abonda con descargar a mochila propia sobre o lombo dos informadores, culpando a estes de publicar datos que non teñen visos de realidade.

De ser así, a empresa propietaria do arrastreiro de Marín Villa de Pitanxo -afundido o pasado mes de febreiro a 250 millas da illa de Terranova, feito que provocou a morte de 21 dos seus 24 tripulantes- debería ter acudido a un xulgado e presentar denuncia contra o que podería ser entendido como acto difamatorio. Pero non o fixo, e eles saberán por que. En calquera caso, moitos deses datos publicados proceden de fontes ás que Pesquerías Nores Marín S. L. coñece perfectamente e contra as que nada di ou fai. Resulta máis doado “matar” ao mensaxeiro, tentar calar voces que demandan claridade sobre o acontecido -por exemplo sobre o número real de traxes de supervivencia que había a bordo do buque cando este afundiu ou o por que só dous sobreviventes -o patrón e o sobriño deste- levaban postos eses traxes cando ningún outro tripulante -vivo ou morto- foi rescatado do mar ou da balsa salvavidas que ocupaban sen ese dispositivo de obrigada presencia nun buque das características do Villa de Pitanxo e, especificamente, por pescar en augas dun caladoiro tan perigoso como é o de Terranova.

De calquera xeito, non vou ser eu quen pida explicacións a unha empresa que, como é o caso de Pesquerías Nores Marín, S.L. coñece sobradamente as súas obrigas e sabe ben, moi ben, cal é o papel que han desempeñar os medios de comunicación nestas situacións de traxedia sempre lamentables.

Disparar ao lonxe e polo alto nunca foi unha boa medida. E aínda o é menos disparar sen fixar a diana. Porque a compañía marinense en absoluto corrixe a quen acusa con coñecemento de causa, como é o tripulante ghanés Samuel Kwesi.

A deste mariñeiro é a única voz discordante nas declaracións efectuadas ata o de agora, ao menos do coñecido das mesmas.

As versións do acontecido a bordo ese 15 de febreiro de 2022, resultan contraditorias en moitos casos. A xustiza deberá decidir en torno a si houbo ou non unha actuación neglixente por parte do patrón, que foi o que puxo de manifesto o citado mariñeiro ghanés diante da Garda Civil de Pontevedra. Para a armadora, todo parte dunha súpeta parada do motor principal en plena faena de recollida ou virada do aparello, o que provocou a entrada de auga no pesqueiro motivando a este a escora a babor que provocou á súa vez o afundimento do Villa de Pitanxo. Todo isto en medio dun mar con ondas de ata 10 metros e vento de ata 56 quilómetros por hora.

Foi tamén esa a versión do patrón, Juan Padín, corroborada en boa medida polo tripulante Eduardo Rial, sobriño do patrón. Non así a de Samuel Kwesi, o terceiro sobrevivente.

No momento do naufraxio, o barco tiña largados os aparellos e estes cunha importante copada e en arrastre pola popa do buque.

Ao cabo de catro meses, Pesquerías Nores Marín, S.L. rexeita absolutamente as publicacións relativas ao acontecido tanto no que atinxe ao naufraxio como ao funcionamento da empresa armadora, como por exemplo o feito de que se teña chegado a publicar que a Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (CIAIM) xa tiña emitida opinión sobre as causas do afundimento cando, sinala nunha nota pública, “o certo é que as investigacións acaban de comezar e están en fase de realización diversos estudos técnico-periciais sobre o naufraxio e as súas causas”.

Afirma a empresa que ten ”o máximo interese en coñecer as causas do desgraciado naufraxio” e lamenta fondamente “a utilización inveraz e nesgada de datos do proceso en curso,” engadindo o seu “máis absoluto respecto ao labor xudicial e ao dos técnicos que investigan o accidente” cos que, asegura, “mantén unha absoluta colaboración”.

Outros artigos

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...

+

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

Eles tamén ganaron, aínda que desta vez, como noutras ocasións, houbo perdedoresagochados detrás do parapeto da verborrea ou dese inmenso muro de silencio. Taménhoubo quen, con tristura e desacougo, admitiu a derrota e parece que está en disposiciónde intentalo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Rosmando”. Xulio Xiz

Rosmando”. Xulio Xiz

Sorprendeu Democracia Orensana neste 18F entrando no Parlamento de Galicia por unha porta pequena cun resultado grande. Sorprendeume ver por Televisión a Jácome - do que a pesar de dedicarse á televisión local polo que tiña que caerme simpático, pode máis en...

“Creer en los políticos”- José Manuel Pena

“Creer en los políticos”- José Manuel Pena

“Con lo que cuesta la compra de un tanque, para la guerra, podrían comer unas 30.000 personas”. “900 euros es lo que cuesta insertar a una persona para el mundo laboral”. “Hace mucho tiempo que ya es difícil creer en la mayoría de los políticos, no es de recibo que se...