Comezan na rúa do Vilar (Palmeira) as obras para renovar os servizos de auga, saneamento e pluviais

03 Xuño 2022

O Concello de Ribeira informou do inicio das obras para renovar servizos na rúa do Vilar (Palmeira). O obxectivo é substituír os servizos urbanos de auga para consumo, saneamento e pluviais, xa moi antigos, e con tal motivo redactouse un proxecto técnico que inclúe as seguintes accións:

• Auga: substituiranse as tubaxe existente por outras de PVC de alta densidade con 160 milímetros de diámetro e 300 metros de lonxitude, realizando as acometidas aos inmóbeis.

• Saneamento de fecais: instalarase un colector de PVC de 315 milímetros de diámetro e 300 metros de longo. Disporanse pozos de rexistro cada 35-40 metros e nas conexións cos colectores existentes.

• Pluviais: disporase un colector de PVC de 315 de diámetro e 300 metros de longo que conducirá as augas por gravidade ata a rede existente na rúa do Barreiro. Colocaranse arquetas sumidoiros cada 30 metros e pozos de rexistro a algo menos de 40.

A obra está sendo executada por Excavaciones Nima, S.L., e supón un investimento de 100.015 euros, IVE incluído. Enmárcase no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2019.

O prazo de execución son catro meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.