Comeza o camiño de volta até dos peregrinos ribeirenses que percorreron A Orixe até Compostela

Este domingo 5 de xuño iniciouse na praza do Obradoiro a peregrinación en sentido inverso da ducia de ribeirenses que completou as fins de semana os 120 quilómetros do Camiño de Santiago de Barbanza, A Orixe (entre o Faro de Corrubedo e a Catedral de Compostela), durante os meses de febreiro e abril.

Así, os veciños e veciñas percorreron en primeiro lugar o tramo de 24,6 quilómetros ata Padrón. A intención é proseguir en dirección ao Faro de Corrubedo, realizando as cinco etapas restantes nas fins de semana cando os seus compromisos laborais e familiares e as condicións meteorolóxicas así o permitan. Entre os camiñantes figuraban os concelleiros Juana Brión e Víctor Reiriz, que tamén fixeran o camiño íntegro na anterior iniciativa e gañaran a Compostela.

O Concello de Ribeira lembrou que os postes indicativos do Camiño A Orixe instalados esta primavera sinalizan tanto o traxecto de ida como o de volta.