Catorce artistas de Alterarte expoñen estes días no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira

03 Xuño 2022

O Centro Cultural Lustres Rivas acolleu este xoves 2 de xuño a inauguración da mostra Polaridades, integrada por un total de 42 obras pertencentes a 14 artistas da Asociación Alterarte. O activo estivo presidido pola concelleira María Sampedro e contou tamén coa intervención de Áurea Pousa no nome do colectivo artístico.

Alterarte é unha asociación de artistas plásticos e visuais, cun proxecto dinámico e aberto a todo tipo de tendencias, que teñen como obxectivo a promoción das súas creacións artísticas e a divulgación doutras manifestacións culturais actuais.

A exposición que se pode contemplar no Lustres Rivas ata o 29 de xuño reúne “artistas de calidade acreditada” e “mostra a variedade de propostas que fan que o espectador sempre atope algo con que sentirse identificado”, segundo manifestou a edil.

Na iniciativa, incardinada na programación do Xuño da Cultura e as Artes, participan os seguintes creadores: Ana Padín, Áurea Pousa, Carmen Balbuena, Concetta Montenegro, Constantino González, David Cabaleiro, Diana Cordero, José Fervenza, Luisa Paz, Lurdes Meis, Manuel Cerdeira, María Fortes Blanco, Pilar G. Mourín e Tania Ulloa.

Pode ser visitada de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.