Boiro realiza a limpeza e posta a punto dos areais cunha máquina específica para a limpeza da superficie areosa

30 Xuño 2022

O Concello de Boiro vén de comezar a empregar unha máquina específica para a limpeza de praias co obxectivo de facilitar o desenvolvemento das tarefas de acondicionamento e limpeza diarias das praias do municipio durante a época estival. O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro de Turismo, Carlos Muñiz, visitaron esta mañá a praia de Mañóns onde se comezaron a desenvolver as tarefas de limpeza.
Con esta máquina que se empregará durante o verán, cribase a superficie separando os residuos da area para unha perfecta retirada de algas, cristais ou paus de pequeno tamaño. O traballos comezaron na praia de Mañóns e iranse realizando de xeito progresivo nos demais areais do municipio, coa finalidade de levar un mantemento periódico dos residuos que se acumulan na area.
O Concello de Boiro comezou fai semanas a limpeza e acondicionamento dos areais do municipio para a súa posta a punto para a época estival. Ademais da limpeza mecánica que se está a realizar este venres
comezan os operarios de limpeza de praias que realizarán tarefas de xeito manual, e tamén comezarán os socorristas e estarán dispoñibles todos os servizos de parias.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.