Boiro presenta o programa das Festas do Verán 2022 que este ano están dedicadas á rapazada do municipio

O Concello de Boiro, a través da área de Cultura, preparou para este ano unha programación pensada para público de todas as idades con motivo das Festas do Verán 2022. O alcalde, José Ramón Romero, a concelleira de Cultura, María Outeiral, e o técnico de cultura, Alberto García, fixeron esta tarde a presentación da revista Folía e do programa de actividade, acompañados dos colaboradores de Folía e os nenos e nenas dos centros de ensino.
Os grandes protagonistas das festas deste ano son os nenos e nenas dos centros de ensino do municipio que farán a lectura do pregón. Ana Stasenko do CEIP Praia Xardín; Noa Vidal, Aitor Gómez, Rubén Martínez DO CEIP Santa Baia; Alonso Cardama do CEIP Escarabote; Lara García Saborido e Gabriel Suárez do CEIP Santa María do Castro; Ainara Maneiro, Diego Lijó e Daniela López de CEIP Cespón; Sarai González e Sara Tubío do CEIP Abanqueiro; Antía Viturro e Martina do CEIP Pazos- Comoxo. A concelleira de Educación, María Outeiral, fixo unha mención especial a eles e aos centros de ensino que “sempre traballan e colaboran co Concello para levar a cabo iniciativas e propostas para os nosos nenos e nenas”.
A revista Folía volve editarse este ano e, ademais de recoller o programa das festas, publicacións dedicadas aos pregoeiros e publicidade dos comercios locais, inclúe textos dos colaboradores habituaus com son Moncho Ares, Charo Lópes, Estevo Silva, Jose Triñanes, Antón Gallarod, Rita Sánchez Dosil… “O
imortante desta publicación é que garda a nosa memoria colectiva e reflexa a nosa identidade como pobo”, recoñeceu Alberto García. A programación prevista para este ano inclúe verbenas, espectáculos
musicais, grupos tradicionais, xantar popular, alboradas, tributos, festa das peñas, programación infantil e djs. A programación estará dividida en tres escenarios distintos: a Praza de Galicia, a Praza da Terceira Idade e o Parque da Cachada. Ademais haberá animación de rúa no núcleo urbano todos os días
da festa, atraccións na Avenida da Constitución e gran tirada de fogos de artificio na Praia de Barraña. O alcalde, José Ramón Romero, agradeceu a implicación do departamento de cultura e de todas as persoas que colaboran e “fan un gran traballo para sacar adiante as nosas festas do verán que recuperan a súa esencia logo de dous anos. Agardo que compartades estes días con familia e amigos e que desfrutedes das Festas do Verán 2022”.

PROGRAMACIÓN FESTAS VERÁN 2022
Venres 1 de xullo
20.00h – salvas dando comezo ás Festas de Boiro 22
20.30h – pasarrúas das Peñas con Trópico de Grelos
21.00h – pregón en homenaxe á rapazada de Boiro
21.30h – Michael for Kids, concerto tributo a Michael Jackson
23.00h – Orquestra Olympus na praza de Galicia
23.00h – Grande Amore na Praza do Centro Social
24.00h – tributo a Alejandro Sanz na Praza do Concello
24.00h – festas remember Peñas no Parque da Cachada
01.30h – orquestra Olympus na Praza de Galuicia

Sábado 2 de xullo
10.00h – alborada a cargo do Caraveiros
11.00h – festa tradicional no parque da Cachada con: Os Monifates, Xilbarbeira,
Abelora, Aroña, Baile de Abanqueiro e grupo de gaitas Os Salgueiriños.
13.00h – xantar popular ca festa da orella da Boliña
22.30h – orquestra Metrópolis na Praza de Galicia
23.00h – Terbutalina na praza do Centro Social
23.30h – Café Quijano na Praza de Galicia
01.00h – orquestra Metrópolis + DJ Tito

Domingo 3 de xullo
10.00h – alborada cos Pequenos do Barbanza
12.00h – Fanfarria Kaústika polas rúas de Boiro
13.30h – Leite con Jalletas na rúa Peonil
19.00h – historias de amor, guerra e vida con Vero Rilo na Praza da Terceira Idade
20.30h – Banda de Música de Negreira na Praza da Terceira Idade
22.00h – Treixadura na Praza de Galicia
24.00h – fogos de artificio na Praia de Barraña
01.00h – orquestra Gran Parada na Praza de Galicia

Luns 4 de xullo
10.00h – alborada con Arume
11.30h – festa das peñas no parque da Cachada
12.00h – sesión vermú con As da Boina polas rúas de Boiro
12.00h – Viravai no Parque da Cachada
13.00h – All Star peñas no Parque da Cachada
21.00h – Micro Aberto na praza da Terceira Idade
22.00h – Mounqup + Djs Udm na praza da Terceira Idade
22.30h – orquestra Charleston na Praza de Galicia
22.30h – Tributo a Queen na Praza de Galicia

Martes 4 de xullo
10.00h – alborada con Arume
12.00h – sesión vermú con A Dorniña de Abanqueiro
12.00h – teatro Pedras de Cartón no Parque da Cachada
22.30h – París de Noia na Praza de Galicia
23.00h – Amparanoia na Praza da Terceira Idade
23.30h – Combo Dominicano na Praza de Galicia
01.00h – segundos pases das orquestras na Praza de Galicia

Mércores 6 de xullo
10.00h – alborada con Arume
12.00h – sesión vermú con Nunca é Tarde
12.00h – Beatles en familia no Parque da Cachada
22.30h – orquestra Panorama na Praza de Galicia
23.00h – Triángulo de Amor Bizarro na Praza da Terceira Idade
24.00h – DJ Matrek show na Praza de Galicia
01.00h – segundo pase Panorama