Boiro presenta en Madrid un programa innovador para mozos en risco e vulnerabilidade

14 Xuño 2022

O Concello de Boiro presenta no Instituto da Mocidade, dependente do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 o proxecto Innova-X, Innovación e novas oportunidades de vivenda residencial para a
juvetud. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Servizos Sociais, Raúl Treus, presentaron en Madrid o proxecto á directora xeral do Instituto, María Teresa Pérez Díaz.
O proxecto ten como obxectivo ofrecer un programa integral de inclusión social, laboral e de formación para persoas de entre 18 e 25 anos: jovenes extutelados pola administración provenientes de centros de menores ou pisos compartidos, e mozos que proveñen de familias de risco e situación de vulnerabilidade.
Todos eles, sen ningún tipo de recurso ao cumprir a maioría de idade.

O que se expón é a construción dun pequeno aloxamento no que os usuarios residan conxuntamente de forma temporal mintas chégase a realizar unha tutela externa: asesoramento e seguimento. Un programa que aúna vivenda, manutención, formación e acceso ao emprego, que ten como fin “que os mozos poidan vivir nun ambiente seguro, estable e autoxestionado, sentíndose parte dun grupo mentres constrúen un futuro autónomo”, asegura o concelleiro.
Este proxecto cumpre con 11 dos 17 obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 polo que o fai un proxecto innovador e sen precedentes en materia de sustentabilidade, igualdade, saúde e benestar e convérteo nun proxecto supramunicipal. “É un proxecto piloto moi interesante e necesario, polo que imos facer o posi9 ble para que chegue a materializarse”, afirmou a directora xeral.

Esta iniciativa parte das carencias detectadas polo departamento de servizos sociais en relación cos mozos. “Existiron casos, e lamentablemente continúan existindo, onde a administración non cumpriu
coas súas obrigacións, esquecendo aos mozos que máis o necesitan. Este proxecto pioneiro, transversal e de integración pon fin a eses problemas”, afima o concelleiro.
“Boiro conta na actualidade cunha rede de interdisciplinar, un importante músculo, onde a administración local, os programas de formación subvencionados pola administración autonómica e provincial, o sector
empresarial, os centros de ensino e as entidades do terceiro sector traballan coordinadamente, o que converte ao noso municipio nun foco de progreso social. É esta nosa fortaleza que nos permite deseñar un programa de éxito para os mozos”, recalca o alcalde do municipio.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...