Boiro continúa o acondicionamento de pequenos areais e calas do municipio

11 Xuño 2022

O Concello de Boiro está a traballar no acondicionamento das praias e areais do municipio para que están a punto para a época estival. Os traballos comezaron polos areais de maiores dimensións e máis concorridos e continúan agora polas praias máis pequenas e as calas de distintos puntos do litoral.
Os operarios están a traballar no acondicionamento das praias de Areabasta, Ribademar ou Neixón na parroquia de Cespón, pequenos areais moi empregados pola veciñanza da zona. Ademais da limpeza e
acondicionamento da superficie areosa estanse habilitando mellores accesos e servizos. Na zona de Ribademar, ademais dos arranxos no paseo, estase a habilitar unha área recreativa nas proximidades do areal.
O Concello de Boiro aposta por incrementar os servizos nas praias, chegando dende as urbanas máis grandes e con maior afluencia ata as pequenas calas. Nun primeiro momento realizáronse os traballos de recollida de residuos depositados polo mar na superficie areosa para logo nivelar a area que moven as correntes do inverno. Nas vindeiras semanas comezaran a poñerse en funcionamento os servizos de praias tales como a limpeza manual diaria e os servizos de socorrismo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.