As actividades infantís da Noite Aberta de Ribeira celebraranse este sábado 2 de xullo pola tarde

29 Xuño 2022

A Asociación de Empresarios de Ribeira vai retomar as actividades de lecer infantil previstas para a pasada edición da Noite Aberta e adiadas por mor das inclemencias meteorolóxicas dos días 3 e o 4 de xuño. Finalmente a patronal e o comercio local decidiron celebrar a devandita festa para a rapazada este sábado 2 de xullo, a partir das 16.00 horas. Contarase con inchábeis e outros xogos infantís.

Un dos elementos máis destacados será o tobogán acuático de máis de 100 metros que “estará localizado na rúa de Lugo”, informou a Asociación de Empresarios, engadindo que para acceder a este trebello será preciso presentar un tícket de compra dos establecementos participantes na Campaña da Noite Aberta, con datas 3 e 4 de xuño ou 2 de xullo, o mesmo día da actividade.

Ademais, para os máis cativos, habilitaranse inchábeis acuáticos na praza do Concello, que serán de balde, ao que se engade unha “gran festa da escuma”.

“Convidamos a todos veciños que teñan rapaces a desfrutar deste evento e, de paso, mercar nos comercios de Ribeira”, sinalou o presidente da patronal, Francisco Martínez Gude.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.