Amicos e o Concello de Caldas asinan un acordo para favorecer a integración laboral

21 Xuño 2022

A asociación da nosa comarca Amicos asinou este martes 21 de xuño un convenio de colaboración co Concello de Caldas de Reis. Grazas a esta alianza, a asociación poderá atender e apoiar a persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, residentes na vila pontevedresa e arredores, con dificultades para acceder ao mercado laboral.

O alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, e Keltoi Cameán, coordinador de orientación laboral de Amicos, foron os encargados da formalización do acordo.

En concreto, este convenio ten por obxecto “establecer unha colaboración entre ambas entidades para o desenvolvemento de accións de cara a promover a integración social e laboral das persoas con discapacidade, mellorando a súa empregabilidade mediante asesoramento e a formación axeitada”.

Ambas entidades comprométense a facer da custodia medioambiental “unha forma de inclusión sociolaboral mediante as Ecobrigadas da asociación”.

O alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, destacou que “con esta colaboración o municipio de Caldas dá un paso máis na necesaria inclusión das persoas con discapacidade, que suman neste colectivo un novo referente”, e espera poder aumentar a colaboración coa actuación das Ecobrugadas de Amicos no municipio.

Pola súa banda, Keltoi Cameán, agradeceu a colaboración do Concello de Caldas que se suma a outras localidades onde xa está a actuar Amicos. Este marco de colaboracións e esta alianza coa vila pontevedresa significan, dixo, “o asentamento da área de Emprego de Amicos como referente para as persoas con discapacidade das provincias de Pontevedra e A Coruña e tendo ao Concello de Caldas como punto estratéxico”. E comentou: “Esperamos contar co apoio das organizacións e empresas da contorna para seguir desenvolvendo este proxecto de emprego verde e inclusivo”.

Na sinatura estiveron tamén presentes Pablo Penide e Estefanía Perez, orientadores de Amicos, e o concelleiro, Jacobo Perez.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.