Adxudicada a segunda fase da plataforma única na rúa Rosalía de Castro de Ribeira

13 Xuño 2022

O Concello de Ribeira informou de que foi adxudicada a execución da segunda fase da instalación de plataforma única na rúa Rosalía de Castro: concretamente, no treito comprendido entre Marcial del Adalid e a rúa Irmandiños. A actuación recaeu na empresa Construcciones Anspal, S.L., comportando un investimento de 187.550 euros, IVE incluído.

Os traballos, segundo lembrou o Concello, “implican a substitución do aglomerado existente por formigón semipulido na mesma tonalidade que no tramo adxacente, intercalando franxas transversais de granito”. No que se refire ás beirarrúas, serán substituídas por outras de granito silvestre. Tamén se instalarán uns novos bordos de granito.

A intervención está enmarcada no POS+2021. Os traballos teñen unha duración de catro meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.