Adíanse as viaxes en catamarán a Sálvora e Cíes desta fin de semana

24 Xuño 2022

A mala previsión meteorolóxica para esta fin de semana fixo que se tomase a decisión de adia-las viaxes en catamarán previstas con saída dende A Pobra do Caramiñal. A nova data para a visita Starligth a Sálvora é no 29 de xullo; mentres que a de Cíes queda para o 11 de setembro.
O resto de rutas quedan segundo o calendario configurado. No mes de xullo terá lugar a excursión a Ons, no día 10, e navegarase ata Sálvora, no día 17. Ademais, realizarase a Ruta Xacobea do Mar da Arousa e río Ulla, no Día de Galicia, 25 de xullo.
As viaxes proseguirán no mes de agosto coa volta a Ons e Sálvora, nos días 14 e 28 respectivamente.
Todas estas travesías adscríbense á oferta de turismo náutico que impulsa a Concellaría do Turismo, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), xunto coa empresa Piratas de Nabia.
As reservas débense formalizar con antelación a través da páxina web www.piratasdenabia.com ou do teléfono de contacto 986320048.
Habilítanse tamén tres canles para a resolución de dúbidas:
www.apobra.gal/turismo, 671090262 e 687482835. A empresa xestionará directamente a tramitación das autorizacións de entrada ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.